O CIM Móbil prestará atención na A Pobra do Brollón o 23 de abril

O servizo do CIM Móbil chegará o vindeiro 23 de abril á Pobra do Brollón co obxectivo de ofrecer información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres.
Este recurso, impulsado pola Xunta de Galicia, está dirixido a aqueles concellos que non dispoñen dun Centro de Información á Muller (CIM), achegando así estes servizos á poboación. O CIM Móbil está orientado tanto a mulleres como a calquera persoa que precise apoio ou información en cuestións relacionadas coa atención, a prevención e a sensibilización fronte á violencia de xénero.
O servizo estará dispoñible para toda a cidadanía o xoves 23 de abril, en horario de 10:00 a 13:00 horas, diante da Casa do Concello, onde se atenderá ás persoas interesadas.