O CIM de Quiroga organiza VIII edición da cea de confraternidade entre mulleres

O Centro de Información á Muller (CIM) organiza, xunto co Concello de Quiroga, a VIII edición da cea de confraternidade entre mulleres en homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga e Ribas de Sil.
Esta iniciativa, que terá lugar o 8 de marzo ás 21.30 horas, acollerá a todas as mulleres que estean interesadas en participar desta xuntanza de sororidade dos dous municipios, que xa poden apuntarse no CIM de Quiroga.