O CIM de Quiroga organiza unha visita á Seara con motivo do Día da Muller Rural

RibeiraSacraXa
A actividade está dirixida a mulleres e terá lugar este sábado, 11 de outubro
visita-a-seara-cim-quiroga
9 Oct 2025

O Centro de Información á Muller (CIM) de Quiroga organiza unha excursión á Seara o próximo 11 de outubro con motivo da celebración do Día da Muller Rural.

A actividade está dirixida a mulleres do municipio e está titulada “Mulleres Raíz nas paisaxes sonoras da Seara”, unha iniciativa centrada na posta en valor da tradición, a natureza e o papel das mulleres no medio rural.

A xornada estará guiada por Xabier Blanco e Martina Ferradás, impulsores da Fundación Legar, entidade que promove proxectos culturais e sociais vencellados ao territorio.

Desde o CIM lembran que as prazas son limitadas e cubriranse por orde rigorosa de inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.06791090965271