O CIM de Quiroga organiza un obradoiro de cerámica

O Centro de Información á Muller de Quiroga organiza este sábado, 7 de febreiro, un obradoiro de cerámica que se desenvolverá en horario de 16:00 a 19:00 horas e que será impartido pola artesá e ceramista Amparo Escrich, quen ensinará aos participantes a crear un set de almorzo en barro gres, que inclúe un prato, unha cunca e unha culler.
A inscrición ten un custo de 27 euros máis IVE e inclúe todos os materiais necesarios, así como a guía e o acompañamento durante todo o proceso e a entrega das pezas realizadas.
Para participar non será necesario ter experiencia previa en cerámica, pero si se require inscrición previa, que pode facerse presencialmente no Centro de Información á Muller de Quiroga ou chamando ao teléfono 982 43 89 51, antes de mañá, xoves 5 de febreiro.