O Chef Javier Olleros será o embaixador da XXVI Mostra do Aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará os días 14 e 15 de marzo, terá este ano como embaixador ao chef Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau en O Grove, con dúas estrelas Michelín.
Dende a organización salientan que a súa traxectoria, centrada na cociña de proximidade, pero de forma natural, con produtos do entorno e influencias do mundo, o converteu nun dos grandes cociñeiros galegos. É, ademais, un gran investigador que colabora con outros produtores e organismos como o CSIC.
A figura do embaixador do aceite de Quiroga creouse o pasado ano e recaeu, por primeira vez, no Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela.