O Chat GTP pon en risco o sistema educativo?

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O pupitre é a sección do mestre Julio Díaz no que trata os temas de actualidade no ámbito educativo cun toque persoal
julio diaz foto colaborador lugo
9 Mar 2023

Por Julio Díaz

ChatGTP é un chatbot, é dicir un robot de conversación, capaz de responder a preguntas e peticións expostas nunha linguaxe natural. Está baseado nun modelo por Intelixencia Artificial GPT-3 desenvolvido pola empresa OpenAI de Elon Mask. É un modelo con máis de 175 millóns de parámetros, adestrado con enormes cantidades de texto para realizar tarefas relacionadas coa linguaxe, desde a tradución ata a xeración de textos.

Trátase dunha intelixencia artificial que está adestrada para manter conversacións, de maneira que só tes que exporlle preguntas de maneira convencional e as entenderá, pois este revolucionario sistema é capaz de comprender a linguaxe coloquial e facer preguntas para obter información adicional sobre un tema. Estas características fan deste chat unha ferramenta moi útil, xa que pode darche unhas respostas moi acertadas e completas, mesmo de varios parágrafos. Ademais, nestas respostas é capaz de expresarse de maneira natural e con información moi exacta.

ChatGTP pode utilizar toda a información ao seu alcance almacenada na internet ata decembro do 2021 para devolver textos elaborados en só uns minutos ofrecendo unha vía ilimitada para os alumnos á hora de elaborar todo tipo de traballos.

A resposta, eficacia e verosimilitude coa que funciona ChatGPT fai que sexa moi sinxelo introducir varios datos craves no sistema e que devolva un completo e moi elaborado texto que nos resultará moi dificultoso diferenciar dun feito polo propio alumno.

Todos nos preguntamos onde irá parar esta gran innovación do ChatGTP, entendendo que chegou para quedar, polo que nos tamén debemos adaptar a nosa forma de ensinar ante este novo desafío. Debemos tomar nota e evolucionar como xa o fixemos coa calculadora, cos tradutores, cos correctores ortográficos, con Google, … ou mesmo, o que fixemos coa problemática vivida no peor da pandemia e noutras múltiples ocasións nas que o noso colectivo foi capaz de demostrar unha capacidade envexable de adaptación.

Engadir por último, que o deseño do ChatGPT non ten aínda unha versión final perfeccionada, está en fase de probas. Os seus creadores están a estudar a posibilidade de ofrecer unha ferramenta complementaria que nos permita detectar os textos elaborados por esa IA. Sería unha marca que nos permitiría detectar os documentos elaborados polo chat. Seguramente, como todos estamos a imaxinar, esta ferramenta será de pago.

Nos, os docentes, mentres se perfecciona dita ferramenta, seguiremos tomando as medidas pertinentes para que non se faga un uso fraudulento da mesma. O que deben saber os nosos alumnos é que os docentes temos o mellor detector de fraudes elaborado ata o momento, que non é outro que, “o coñecemento das súas capacidades”, sabemos quen é capaz e quen non á hora de examinar un traballo realizado por eles. A tecnoloxía avanza e NÓS TAMÉN.

0.16532802581787