O chantadino Afonso Eiré protagonizará un acto polo Día das Letras Galegas en Madrid

RibeiraSacraXa
O chantadino Afonso Eiré protagonizará un acto polo Día das Letras Galegas en Madrid no que falará do seu libro Ausentes
Alfonso Eiré Día das Letras Galegas
15 Maio 2023

A Asociación de Mulleres Galegas Rosalía de Castro organiza un acto polo Día das Letras Galegas en Madrid no que o escritor chantadino, Afonso Eiré (Laxe, Chantada), será un dos protagonistas, xa que falará sobre a súa última novela, Ausentes, editada por Hércules de Ediciones, e na que aborda o fenómeno da emigración.

A cita terá lugar na Biblioteca Iván de Vargas (San Justo, 5, La Latina) ás 18.30 horas, durante a cal participarán Antón Patiño e Menchu Lamas, que presentarán Caosmos e Silvia Bardelas, coa súa Escolma da nova literatura galega.

En Ausentes, o escritor e xornalista galego recolle as vivencias dos que, ao longo da nosa historia, marcharon aos distintos países de América, de Europa ou outras comunidades do Estado, pero tamén dos que quedan, xa que “todos sofren de ausencia”.

Así, trátase dun o retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas.

Foto EIre
0.19012594223022