O Chandrexa Trail 2025 conta xa con máis de 600 persoas inscritas

RibeiraSacraXa
A proba disputarase o 18 de maio e será puntuable para o Campionato Nacional de Trail
Chandrexa Trail
8 Feb 2025

O Chandrexa Trail 2025 conta xa con máis de 600 persoas inscritas, tal e como confirmou a propia organización do evento. A proba, que se disputará o vindeiro 18 de maio, será puntuable para o Campionato Nacional de Trail, afianzándose como proba de referencia na provincia de Ourense.

Desde o Concello aseguran que este recoñecemento deportivo en zonas de montañas constitúe “unha actividade dinamizadora da nosa área, non só polo recoñecemento e o turismo deportivo do propio evento, senón por dar visibilidade a Chandrexa de Queixa como un referente de camiños naturais de beleza paisaxística da esgrevia Serra de Queixa no Macizo Centra das montañas surorientais da Ribeira Sacra”.

0.1765661239624