O Cercud de Baamonde organiza unha viaxe á Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O Cercud de Baamonde é unha das entidades admitidas no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo para visitar á Ribeira Sacra.
vaixe cercud ribeira sacra portada
22 Ago 2021

O Cercud de Baamonde é unha das entidades admitidas no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo para visitar á Ribeira Sacra. Así organiza unha excursión que terá lugar o mércores 15 de setembro, con saída ás 09:00 horas dende a praza de Baamonde.

A primeira visita será nun centro ou dependencia da Deputación de Lugo; ben na Tic - Servizo de Audiovisuais ou no Centro de Interpretación TerrasDoMiño.

A continuación, viaxarase ata Monforte e Sober para visitar unha adega na subzona de Amandi, un miradoiro sobre o Canón Do Sil e facer un percorrido no catamarán da Deputación de Lugo.

A viaxe inclúe transporte, póliza de seguros de viaxeiros, entradas e menú de xantar. Será obrigatorio o uso da máscara e demais medidas de hixiene sanitaria.

A inscrición para as 20 prazas existentes pode realizarse on line en https://cercud.es/excursion-conece-a-tua-provincia/.

viaxe cercud baamonde
0.12830090522766