O Centro Sociocultural de Bóveda acolle unha exposición con paneis sobre Luisa Villalta

RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda arranca a programación das Letras Galegas 2024 coa exposición de paneis sobre a biografía e obra da autora homenaxeada este ano, Luisa Villalta.
Letras Galegas Bóveda
9 Maio 2024

O Concello de Bóveda arranca a programación das Letras Galegas 2024 coa exposición de paneis sobre a biografía e obra da autora homenaxeada este ano, Luisa Villalta.

Os paneis que se expoñen no Centro Sociocultural correspóndense cos carteis gañadores do concurso-exposición Letras Galegas convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Todos eles contan cunha guía dadáctica a través da cal poder facer un percorrido polos momentos máis significativos da vida e obra da autora á que se lle rende homenaxe.

0.21900200843811