O Centro Sociocultural de Bóveda acolle a exposición 'As mulleres na ciencia'

O Centro Sociocultural de Bóveda acolle ata o 26 de setembro a exposición 'As mulleres na ciencia', unha mostra que organiza o Concello de Bóveda e promove o Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Está formada por 14 posters, tipo roll up, sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente.
A exposición ten como obxectivo espertar en nenos e nenas a vocación científica a través de referentes femininas.