O Centro Social de Quiroga oferta diferentes actividades no último trimestre do ano
O Centro Social do Concello de Quiroga xa prepara o inicio das súas actividades neste derradeiro trimestre do ano e para as que ten aberto o prazo de inscrición.
O taller de memoria, que se desenvolverá a partir do 3 de outubro, terá lugar todos os xoves dende ás 18.30 horas e ata as 20.00 horas na aula Cemit da Casa da Cultura.
Pola súa parte, as clases de ximnasia de mantemento para maiores comezan o 2 de outubro, e desenvolveranse os luns e os mércores entre as 17.00 e as 18.00 horas no centro social.
O centro retoma tamén os bingos, que se desenvolven os últimos venres de cada mes; e o Faladoiro, o último mércores de cada mes.
Outra das actividades que se impartirá no Centro Social son bailes de salón os luns de 19.00 a 20.00 horas. As persoas interesadas nesta actividade poden informarse a través do teléfono 616 574 000.