O centro social de Quiroga acolle un faladoiro sobre a importancia dos medios de comunicación
RibeiraSacraXa
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Quiroga organiza o mércores 27 no Centro Social de Quiroga un faladoiro con creador do diario dixital Diario de Quiroga a partir das 18.
25 Mar 2024
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Quiroga organiza o mércores 27 no Centro Social de Quiroga un faladoiro con creador do diario dixital Diario de Quiroga a partir das 18.00 horas no centro social.
A través do moderador Xosé Manuel Fernández, as persoas que se acheguen poderán coñecer un pouco máis a este quirogués e o seu perfil xornalístico como informante de todo o que acontece na Comarca de Quiroga a través do medio.
Desenvolverase así un coloquio para falar da credibilidade actual do xornalismo e da importancia dos medios de comunicación de proximidade.
Carlos Julio González naceu en Quiroga no 2002 e no 2018 creou o medio dixital de información local da Comarca de Quiroga.