O Centro Social da terceira idade de Quiroga reanuda as súas actividades

RibeiraSacraXa
O Centro Social da terceira idade do concello de Quiroga reanuda actividades coma manualidades e a ximnasia de mantemento
centro maiores quiroga2
11 Out 2022

O Centro Social para a terceira idade volve as súas actividades do outono retomando as manualidades e a ximnasia de mantemento e festexando o Día do Maior.

A actividade que  máis novidades presenta é a de manualidades que nesta ocasión deixa de ser gratuíta e os socios que queiran participar deberán aportar unha pequena cota. Nesta nova etapa de clases, impartida por Mayte Pérez Grao todos os luns, continuarase traballando a técnica do decoupage que consiste en decorar superficies neste caso de madeira (caixas, bandexas ou xoieiros).

A ximnasia de mantemento, unha das actividades máis concorrida, continúa na mesma liña de anos anteriores pero cambia de día, a partir de agora desenvolverase os mércores e os venres mantendo o seu horario de 17.00 a 18.00 horas.

E neste mes de outubro, conmemórase o Día das persoas maiores polo que o centro non quixo deixar de festexar tan sinalada data. Esta fin de semana os socios que se achegaron ata o centro foron convidados a un chocolate con churros. Na celebración estiveron acompañados por boa parte da corporación municipal entre os que se atopaba a concelleira encargada do centro, Ana Lucía Nogueira, e o propio alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Como remate de cada mes, o último venres, o centro organiza un bingo para o entretemento dos seus socios. Ademais neste último trimestre do ano está marcado que o centro celebre un magosto para os seus socios e socias o día 19 de novembro e a concorrida cea de Nadal o 17 de decembro.

centro maiores quiroga
0.15698409080505