O Centro Dramático Galego levará a Quiroga a función “A Serie Cløpen”

O Centro Dramático Galego (CDG) achegarase a Quiroga co seu novo espectáculo “A Serie Cløpen”. Técnicos da compañía visitaron recentemente o Auditorio Municipal para realizar un estudo técnico previo á representación, que terá lugar o 9 de novembro.
Tras a súa estancia en Santiago, onde estará en cartel ata o 26 de outubro, a obra comezará a xirar por algúns puntos de Galicia e Portugal, o que será, segundo destacan desde o CDG, todo un desafío loxístico, xa que actuarán en teatros non adaptados para esta montaxe, pero tamén representa unha oportunidade para achegar espectáculos de calidade a diferentes públicos, reducindo así as desigualdades de acceso á cultura.