O Centro do Viño Ribeira Sacra acolle 'tomando un libro con...' Arantza Portobales
Este sábado, 22 de abril, Arantza Portabales presentará o seu libro 'O home que matou a Antía Morgade' no Centro do Viño Ribeira Sacra do Concello de Monforte de Lemos.
Esta iniciativa, organizada pola Librería Agrasar con motivo de celebrar o seu vinte e cinco aniversario, así como o Día do Libro, que ten lugar o día 23; consistirá nunha nova edición de 'tomando un libro con...', que dará o seu inicio ás 20,15 horas.
As persoas interesadas en participar poderán facelo comunicándose coa Librería, xa que as prazas están limitadas. E con respecto ao custo da actividade, será de 29 euros por persoa, incluíndo o libro, a consumición no Centro do Viño e cun piscolabis.
Ademais, Arantza Portabales estará ese mesmo día firmando o seu libro na Librería Agrasar de 12.00 a 13.00 horas, que terá acceso libre a todas as persoas que queiran.