O centro de saúde de Chantada realiza test de antíxenos hoxe xoves 13 e o sábado 15
O centro de saúde de Chantada súmase aos puntos galegos que realizan probas de detección da Covid-19. Hoxe xoves, 13 de xaneiro de 16.00 a 19.00 e o sábado, 15 de xaneiro, de 10.00 a 13.30 horas realizaranse test de antíxenos sen cita previa no Centro de Saúde de Chantada.
A maiores, nesta zona tamén se están a realizar probas diagnósticas no punto situado na zona de consultas externas do Hospital de Monforte, con horario de luns a venres de 15:00 a 20:00 horas.
A realización destes test son fundamentais para poder detectar persoas contaxiadas libres de síntomas e evitar así a propagación do virus.
A zona sur da provincia leva dende o pasado 23 de decembro, preto das cen mil doses de vacinas entre os seus veciños e ademais, realizou máis de 2.000 test de antíxenos.