O Centro de Día de Quiroga organiza unha xornada de portas abertas para amosar o seu Belén

RibeiraSacraXa
O Belén permanecerá exposto durante todas as festas de Nadal para que veciños de Quiroga e arredores poidan visitalo en calquera momento
Belén do Centro de Día de Quiroga
Belén do Centro de Día de Quiroga
20 Dec 2024

Este venres, 20 de decembro, o Centro de Día da Ribeira organiza unha xornada de portas abertas para presentar ao público o seu Belén de Nadal.

O evento contará con dúas franxas horarias, de 10.30 a 12.30 horas e de 16.00 a 18.00 horas, nas que os visitantes poderán desfrutar da exposición do Belén. Durante a xornada, ofrecerase café e bica aos asistentes, creando un ambiente acolledor e festivo.

Ademais, explican desde o Concello, esta xornada de portas abertas ofrece unha excelente oportunidade para coñecer de preto o traballo que realiza o centro e para que outras persoas maiores poidan informarse sobre as actividades que se desenvolven nas súas instalacións.

O Belén permanecerá exposto durante todas as festas de Nadal para que veciños de Quiroga e arredores poidan visitalo en calquera momento.

0.17400598526001