O CEIP Virxe do Carme de Sober, premiado polo 'Voluntariado de lectura'
RibeiraSacraXa
O Concello de Sober felicitou ao CEIP Virxe do Carme por ser un dos dez centros galardoados na iniciativa Voluntariado de lectura
26 May 2022
O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, que vén de ser seleccionado como un dos dez centros de Galicia galardoados na iniciativa Voluntariado de lectura entre un total de 64 centros presentados, recibiu a felicitación por parte do Concello de Sober polo seu éxito.
O programa de Voluntariado de lectura-A (Primaria) premia ao colexio de Sober cunha achega de 600 euros para o desenvolvemento dun obradoiro especializado destinado a aqueles alumnos que tiveran un papel protagonista participando no deseño e xestión de actividades na biblioteca escolar.