O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza unha xornada de portas abertas
RibeiraSacraXa
Será o mércores, 12 de marzo, a partir das 11.00 horas

11 Feb 2025
O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza unha xornada de portas abertas para dar a coñecer ás persoas interesadas todas as actividades que se ofrecen dende este centro educativo.
A xornada terá lugar o mércores, 12 de marzo, ás 11.00 horas da mañá e as persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia a través do teléfono 982 870 095, ou ben por correo a través da dirección ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal.