O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda inicia a súa programación de Nadal

RibeiraSacraXa
A Apalpadora visitará o centro educativo, que tamén organiza un Festival de Nadal, unha exposición e máis actividades durante este mes
nadal-ceip-boveda
5 Dec 2025

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda comeza este venres a súa programación de Nadal coa visita da Apalpadora ao centro.

As actividades continuarán o día 16 coa celebración de Infonadal e o día 19 co tradicional Festival de Nadal, que se realizará ás 12:30 horas. Ese mesmo día inaugurarase tamén a exposición de postais de Nadal elaboradas polo alumnado.

⚙ Configurar cookies
0.078894138336182