O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

RibeiraSacraXa
Ademais, para conmemorar esta efemérida, Bóveda acolle tamén a mostra ‘Comadres científicas’
dia-nena-ciencia-boveda
14 Feb 2026

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organizou esta semana varias actividades con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Este venres, o alumnado recibiu a visita do equipo de Ciencia en movemento, co que realizaron experimentos científicos aprendendo a través da observación, a experimentación e o xogo.

Ademais, na biblioteca do centro pódese visitar ata o 27 de febreiro a mostra ‘Comadres científicas’, que visibiliza a sete mulleres galegas pioneiras na ciencia.

⚙ Configurar cookies
0.097409009933472