O Ceip de Sober acolle as actividades da XXII Festa das Avoas e dos Avós do municipio

RibeiraSacraXa
O Concello de Sober ultima xa os preparativos da XXII Festa das Avoas e dos Avós, que vai ter lugar no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme esta tarde de sábado.
27 Abr 2024

O Concello de Sober ultima xa os preparativos da XXII Festa das Avoas e dos Avós, que vai ter lugar no pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme esta tarde de sábado.

A cita, sempre multitudinaria, dará comezo ás 13.30 horas cunha misa e de seguido farase o xantar, haberá música e o sorteo de agasallos para todos e todas.

O menú será a base de empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán e queixo, café e bebidas e o prezo para asistir é de 10 euros para empadroados e 20 euros para as persoas non empadroadas.

Haberá servizo de transporte para aquelas persoas que o precisen, polo que haberá que confirmar a asistencia antes do 24 de abril nos teléfonos: 982 46 00 01 ou 982 46 05 13.

Durante a xornada, os maiores e non tan maiores do Concello compartirán unha comida, bailarán ao son da música e recibirán máis de 100 agasallos no sorteo organizado.

0.10074710845947