O CEIP de San Clodio organiza este domingo unha gran festa para acender as luces de Nadal

RibeiraSacraXa
Haberá chocolate, doces e sorpresas nunha xornada aberta a toda a veciñanza que se queira achegar
nadal-ceip-quiroga
13 Dec 2025

O CEIP de San Clodio, no municipio de Ribas de Sil, celebrará este domingo unha gran festa aberta a toda a veciñanza para proceder ao acendido das luces de Nadal, nun evento pensado para gozar en comunidade e dar a benvida oficialmente ás festas.

A cita será ás 18:30 horas no propio centro educativo, onde se ofrecerá chocolate, doces e múltiples sorpresas para todas as idades. A xornada está dirixida a familias, alumnado e a toda a cidadanía, coa intención de crear un ambiente festivo e participativo.

Desde a organización animan a todos os veciños e veciñas a achegarse e compartir unha tarde especial pensada vivir en compañía o espírito do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.057479858398438