O CEIP de Manzaneda cumpre 50 anos
O CEIP de Manzaneda cumpre este 2025 cincuenta anos dende a súa apertura. Con este motivo, dende o centro veñen de poñer en marcha unha iniciativa para que os veciños e veciños de Manzaneda, especialmente aqueles que estudaron neste colexio, merquen bolsas ou camisetas para recadar fondos para que o centro poida organizar os actos pertinentes para conmemorar o seu medio século de historia.
A campaña, baixo o lema “Fomos ao cole de Manzaneda e sobrevivimos”, pretende reunir cartos para facer unha gran festa de aniversario. As bolsas e camisetas teñen un prezo de 8 euros as primeiras e 10 ou 12 euros as segundas, dependendo de se son para nenos ou para adultos.
Dende o Concello de Manzaneda chaman á veciñanza a participar nesta iniciativa co fin de que o CEIP poda conmemorar como se merece este 50 aniversario.