O CEIP da Pobra do Brollón acolleu un obradoiro sobre emocións

O CEIP da Pobra do Brollón acolleu esta semana un obradoiro sobre emocións destinado ao alumnado máis novo, impartido pola educadora social Paula Santos.
Esta actividade forma parte do proxecto “Comunidade viva, redes de apoio”, que se desenvolve na comarca da Terra de Lemos e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.
Durante o obradoiro, os nenos e nenas puideron aprender a coñecer, identificar e expresar as súas emocións de forma lúdica, contribuíndo ao seu desenvolvemento emocional nun ambiente divertido e educativo.