O CEIP da Pobra do Brollón abre as súas portas ás familias durante o mes de febreiro

O colexio da Pobra do Brollón desenvolverá ao longo do mes de febreiro xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o centro ás familias interesadas no seu proxecto educativo. A través destas visitas, pais e nais poderán coñecer de primeira man as instalacións, o funcionamento do colexio e os servizos que ofrece.
O centro dispón de servizos como comedor escolar, transporte, programas de conciliación familiar, grupos de traballo e atención individualizada ao alumnado. Ademais, conta cunha biblioteca accesible, un proxecto de inclusión educativa e actividades complementarias como un horto escolar ou unha radio educativa.
As familias interesadas en concertar unha visita poden poñerse en contacto co centro a través do teléfono 982 870 637, onde se lles facilitará toda a información necesaria para organizar a visita.