O CEA de Monforte acolle unha xornada formativa na que participan arredor de 40 gandeiros
RibeiraSacraXa
Arredor de 40 gandeiros participan na xornada formativa sobre fiscalidade e xestión empresarial das súas explotacións que organiza a Xunta, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e que se desenvolve no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos.
8 Feb 2024

O curso, que se celebrou no CFEA de Sergude (Boqueixón), impártese en xornada de mañá e tarde e estrutúrase en tres módulos. O primeiro versa sobre tributación básica e optimización fiscal e ten por obxectivo darlles a coñecer aos asistentes ferramentas informáticas que faciliten a xestión diaria do seu negocio.
A xornada está dividida en tres bloques formativos, centrados na tributación básica e a optimización fiscal, contabilidade e xestión eficiente.