O CD Sober logra o ascenso a Segunda Rexional
RibeiraSacraXa
Fixérono tras lograr a vitoria este domingo fronte ao Taboada CF

CD Sober
17 Mar 2025
O CD Sober logrou este domingo o ascenso a Segunda Futgal tras vencer ao Taboada CF nun encontro disputado no campo da Medela.
Os de Sober xogábanse moito nesta xornada tras empatar na anterior, xa que unha derrota complicaría o seu ascenso, quedando este condicionado polo resultado doutros equipos. Porén, a vitoria acadada no campo do Taboada permítelles o ascenso directo á segunda rexional.
Dende o Concello de Sober felicitan ao equipo por este merecido resultado, ao igual que o fixeron os seus rivais tras o partido deste domingo.