O CD Lugo proclámase campión da Copa Federación no estadio da Pinguela

LugoXa | RibeiraSacraXa
O rexedor de Monforte fíxolle entrega ao capitán do CD Lugo a copa de gañador, acompañado polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol e o presidente da entidade lucense
CD-Lugo-final-Copa-Deputación-na-Pinguela-de-Monforte
19 Aug 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou o trofeo da Final galega da Copa Federación de fútbol que se celebrou no Estadio municipal de fútbol da Pinguela de Monforte, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol, e co apoio e colaboración do Concello de Monforte.

O Alcalde estivo acompañado polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, así como directivos da Federación, concelleiros monfortinos, entre outras autoridades.

Deste xeito, dende as 19.30 horas, o estadio monfortino acolleu a final da Fase Galega da Copa Federación, que foi disputada entre o Coruxo FC e o CD Lugo.

A sede elixida pola RFGF foi o Estadio A Pinguela de Monforte, que grazas á colaboración do Concello de Monforte de Lemos, acollera este partidazo entre dous dos mellores equipos do fútbol galego. O CD Lugo foi o equipo gañador, impoñéndose ao Coruxo F.C. por 1 gol a cero, tanto marcado por Jon Cabo.

O rexedor fíxolle entrega ó seu capitán da copa de gañador, acompañado polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués.

Deste xeito, o CD Lugo, ao resultar gañador do encontro, acada a clasificación para a Fase Nacional, a cal da acceso á Copa do Rei para os catro equipos que cheguen ata as semifinais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1637179851532