O CD Brollón xa é de Primeira Futgal

RibeiraSacraXa
O equipo venceu este domingo ao Quiroga FC no campo dos Medos e pon fin a unha tempada chea de éxitos
cd-brollon
12 May 2025

O CD Brollón conseguiu este domingo un merecido ascenso á Primeira Futgal tras impoñerse por 4-0 ao Quiroga FC no campo dos Medos.

Despois dunha boa tempada, o conxunto guímaro afrontaba este domingo un partido decisivo. A vitoria, finalmente acadada cunha ampla vantaxe, supón o ascenso directo. Aínda que o encontro comezou con bastantes dificultades, debido a que as intensas chuvias da fin de semana deixaron o terreo de xogo practicamente impracticable, finalmente o partido puido disputarse e o Brollón saíu ao campo con forza.

O primeiro gol chegou antes do descanso e, xa na segunda metade, o equipo selou o triunfo con tres tantos máis, pechando así un encontro clave que lles garante o salto de categoría.

⚙ Configurar cookies
0.16052985191345