O Castro de San Lourenzo da Pobra do Brollón está sendo mellorado coa axuda de dez voluntarios
RibeiraSacraXa
Dez voluntarios e voluntarias están apoiando os traballos arqueolóxicos do Castro de San Lourenzo, en Cereixa, no Concello da Pobra do Brollón; nun campo de voluntariado promovido pola Xunta de Galicia.
8 Ago 2023

Así, ata o 12 de agosto, colaborarán na conservación e restauración deste Castro, así como na organización da Romaría de San Lourenzo, e aproveitarán a súa estadía para coñecer diferentos lugares Concello.
Por último, estes rapaces e rapazas tamén participarán na vida cultural e comunitaria da Pobra do Brollón, coñecendo as súas xentes, costumes, tradicións, enriquecéndose de novas experiencias á vez que axudan nun proxecto con grande calado histórico.