O Castañazo Rock presenta o cartel por días para a súa edición de 2025

RibeiraSacraXa
Un total de 11 artistas actuarán na vixésima edición do festival
castañazo-rock-cartel-2025
28 Jul 2025

O festival O Castañazo Rock volverá celebrarse en Chantada os días 31 de outubro e 1 de novembro no Mercado Gandeiro, con motivo do seu vixésimo aniversario.

A organización acaba de confirmar o cartel por días, que contará cun total de 11 artistas. O venres 31 actuarán The Rapants, Catuxa Salom, Mondra, Liviao de Marrao e Terrae. O sábado 1 de novembro será a quenda de Baiuca, De Ninghures, Rastreros, A Banda da Loba e A Orquestra Bravú Xangai.

Ademais, entre os concertos estará La Yaya DJ e, como é tradición, haberá pasarrúas coa Mekanika Rolling Band.

O festival tamén ofrecerá actividades gratuítas para todos os públicos, incluíndo Ourizo Miúdo, Cantos de Taberna, Xogos Bravús e a feira de artesanía.

⚙ Configurar cookies
0.15657019615173