O Castañazo Rock presenta aos artistas que conformarán o cartel de 2025

RibeiraSacraXa
Baiuca, The Rapants, De Ninghures, Mondra son algúns dos 11 grupos confirmados para o XX aniversario, que se celebrará os días 31 de outubro e 1 de novembro
cartel-castañazo-2025
19 May 2025

O Castañazo Rock regresará un ano máis a Chantada para festexar o seu vixésimo aniversario, que terá lugar os días 31 de outubro e 1 de novembro no Mercado Gandeiro.

Un ano máis, regresarán os concertos e os Cantos de Taberna, así como o xa tradicional Magosto, que se celebra no recinto do festival. Na pasada edición, recuperáronse tamén os Xogos Bravús e, como novidade, organizouse a I Feira de Artesanía, que tivo lugar na Praza do Cantón e contou con máis dunha decena de postos.

O cartel, que acaba de ser confirmado pola organización, estará composto por un total de 11 de artistas. Baiuca, The Rapants, De Ninghures, Mondra, Orquestra Bravú Xangai, Catuxa Salom, Liviao de Marrao, A Banda da Loba, Rastreros, Terrae e Yaya DJ serán os encargados de poñer a música a esta edición.

⚙ Configurar cookies
0.13636898994446