O Castañazo Rock lanza un concurso de bandas para participar na edición de 2026

RibeiraSacraXa
Os grupos interesados en participar na Liorta Musical do Castañazo, que se celebrará en abril, poden anotarse ata o 12 de xaneiro
Imaxe do Castañazo Rock
12 Nov 2025

A organización do festival Castañazo Rock Chantada acaba de anunciar a apertura do seu propio concurso de bandas, “A Liorta Musical”, unha oportunidade para que novos proxectos musicais se dean a coñecer e teñan a posibilidade de actuar na próxima edición do festival en 2026.

O concurso celebrarase o 18 de abril e estará aberto a formacións de tres estilos musicais: rock/punk/metal, músicas do mundo e música urbana. Poderán participar tanto bandas como proxectos en solitario. As inscricións xa están abertas desde o 10 de novembro de 2025 e permanecerán dispoñibles ata o 12 de xaneiro de 2026.

O conxunto gañador terá o privilexio de actuar no Castañazo Rock Chantada 2026 cun set de entre 50 e 60 minutos. A selección das formacións participantes correrá a cargo da asemblea da Asociación Cultural O Castañazo, que fará pública a lista o 2 de febreiro.

⚙ Configurar cookies
0.069195032119751