O Castañazo Rock comeza a súa vixésima edición reivindicando as bandas galegas

RibeiraSacraXa
The Rapants, Catuxa Salom, Mondra, Liviao de Marrao e Terrae abrirán este venres o festival
Imaxe do Castañazo Rock
Presentación do Castañazo Rock Chantada 2025
31 Oct 2025

O Castañazo Rock Chantada comeza este venres a súa vixésima edición reivindicando as súas raíces cun cartel formado exclusivamente por bandas galegas. O venres actuarán The Rapants, Catuxa Salom, Mondra, Liviao de Marrao e Terrae, mentres que o sábado será a quenda de A Banda da Loba, De Ninghures, Baiuca, Rastreros e Orquestra Bravú Xangai.

Como colofón, a organización anunciou unha actuación conxunta de Rastreros e Orquestra Bravú Xangai, un número especial que servirá de homenaxe ás orixes do festival e ao movemento bravú, ao que estivo vencellado nas súas primeiras edicións.

Alén dos concertos, o festival ofrecerá un programa paralelo de actividades co obxectivo de implicar públicos diversos. Haberá cantos de taberna, un magosto popular, propostas infantís dentro do Ourizo Miúdo, os Xogos Bravús e unha feira de artesanía, reforzando así o carácter festivo e comunitario do evento.

 

⚙ Configurar cookies
0.076990127563477