O Castañazo organiza 'Ouveos do Castañazo' o vindeiro 4 de maio

RibeiraSacraXa
Os organizadores do Festival O Castañazo Rock de Chantada veñen de anunciar que, como antesala do festival, o vindeiro 4 de maio celebrarase o evento 'Ouveos do Castañazo'.
14 Abr 2024

Os organizadores do Festival O Castañazo Rock de Chantada veñen de anunciar que, como antesala do festival, o vindeiro 4 de maio celebrarase o evento 'Ouveos do Castañazo'.

Así, a partir das 21.00 horas, as persoas interesadas poderán participar desta iniciativa na de Chantada coa música dos grupos Cuarta Xusta e Liviao de Marrao.

Segundo os organizadores, esta será "unha sesión de concertos especiais porque nos encanta desfrutar na nosa terra da boa música e compañía".

0.070368051528931