O cartel 'Mulleres', de Rubén Lucas, é o gañador do concurso de carteis co gallo das Festas Patronais de Monforte

RibeiraSacraXa
A elección do cartel que o xurado considerou como gañador, en verbas do alcalde “é unha homenaxe á muller"
Cartel-Festas-Patronais-Monforte-2024
15 Jun 2024

O cartel gañador da novena edición do concurso de carteis das vindeiras Festas Patronais da cidade, que terán lugar do 11 ao 16 de agosto de 2024, foi o artista Rubén Lucas García, xa que "é a mellor dos 20 traballos que se presentaron ó concurso que convocamos dende o Concello", dixo o alcalde.

O cartel gañador foi presentado baixo o pseudónimo de 'Mulleres' e José Tomé explicou que “cando convocamos o concurso de carteis para as Festas Patronais, facémolo permitindo a participación a calquera persoa que teña interese en contribuír a divulgar as nosas festas a través da súa capacidade artística. Porque desta forma temos unha maior aportación e variedade de ideas, como as 20 propostas que recibimos neste 2024”.

Neste senso, Tomé recordou que “trátase dunha iniciativa que como lembrarán vostedes, dende 2015, dende que son Alcalde, volvemos a apostar por esta fórmula aberta ó público en xeral, para que calquera cidadán poida facer a súa proposta. Así, neste ano 2024, o concurso cumpriu a súa vixésimo novena edición, 9 delas dende a miña chegada á Alcaldía”.

Deste xeito, dende o Concello establécese todos os anos un premio de 1.000 euros para o cartel gañador, “unha cantidade coa que retribuír o esforzo, o traballo e a creatividade da persoa que resultara gañadora”.

En total, ó concurso deste ano presentáronse 20 traballos artísticos, un número superior ó da pasada edición de 2023, na que se presentaron 15 propostas, 5 deseños máis, un 33 % máis, o cal e que demostra o interese dos artistas por este tipo de concursos. A maioría deles foron elaborados por veciños e veciñas de Monforte; en concreto foron 6 os traballos a cargo de artistas monfortinos. Tamén chegaron propostas doutras localidades galegas, en concreto, 2 dende Vigo, 1 dende A Coruña, 1 dende Cambados, 1 dende a Rúa de Valdeorras e unha 1 de Chantada.

Fóra de Galicia o concurso de carteis das Festas de Monforte tamén espertou interese. Proba diso é que se presentaron 3 traballos dende Murcia, 1 de Xátiva (Valencia), e 1 dende Dinamarca, da localidade de Fraderiksberg.

Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 20 obras, serán expostos a principios de agosto na Casa da Cultura de Monforte. Unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.

O xurado, estivo composto por sete persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais monfortinos diferentes, así como Gloria Prada, debido á que este ano a concelleira de Cultura, Marina Doutón, non puido participar por estar de baixa.

O cartel gañador

O xurado decidiu o gañador tras cinco rondas de clasificación, que levaron a tres finalistas que se disputaron o premio final. A elección do cartel que o xurado considerou como gañador, en verbas do alcalde “é unha homenaxe á muller. Así o decidimos facer ó longo de todo este ano. A figura feminina foi a protagonista do cartel da Feira Medieval, unha muller guerreira, e volve a selo no cartel do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte".

A elección do cartel que o xurado considerou para este ano é un deseño protagonizado por unha muller gaiteira, en cuxo corpo recóllense tanto os principais elementos protagonistas das nosas Festas Patronais, como tamén figuras femininas relevantes das mesmas.

Deste xeito, o alcalde explicou que no rostro desta gaiteira, que é un símbolo da nosa música tradicional, aparecen representados os Fogos artificiais di Río e de San Vicente. Tampouco faltan no seu corpo os lugares máis representativos da nosa cidade: a Ponte Vella e o río, os Escolapios, a Praza de España, ou o conxunto histórico de San Vicente.

As figuras femininas que están incluídas neste corpo de gaiteira, de aí ese pseudónimo que o artista titulou con 'Mulleres', son a Virxe de Montserrat, as figuras femininas dos Xigantes e Cabezudos, e as gaiteiras, pandereteiras e bailadoras que protagonizan parte do noso programa musical das festas. Polo tanto, “o cartel aúna na figura feminina da gaiteira a tradición da festa cos elementos icónicos da nosa cidade, e resalta as figuras femininas protagonistas dos nosos festexos”, salientou José Tomé.

No conxunto do cartel predomina a estética colorista a través dunha ampla gama cromática de cores alegres, especialmente os vermellos, verdes e azuis. Neste senso, “creo este cartel é unha explosión de alegría e cor, como o foi nos últimos anos, unha estética que gusta ó noso xurado porque o cartel das festas debe transmitir a alegría, a felicidade e a vitalidade das nosas festas”.

O rexedor concluíu a súa intervención agradecendo á empresa Gadis a súa colaboración neste concurso, así como na posterior impresión dos carteis das nosas Festas Patronais. E tamén acolaboración da Deputación Provincial de Lugo, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19350290298462