O cartel definitivo do Festival Trece Roeis acolle 18 grupos de música de rock

RibeiraSacraXa
O cartel definitivo do Festival Trece Roeis acolle 18 grupos de música de rock que actuarán os vindeiros 18 e 19 de agosto
Trece Roeis 2022
24 Xul 2023

Os organizadores do festival de rock Trece Roeis de Pantón, que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de agosto, presentaron o cartel definitivo da edición 2o23 e anunciaron que ata o mércores, 26 de xullo, haberá a posibilidade de gañar 1 abono de 2 días, a camiseta desta edición e unha pulseira con 25 euros de recarga a través dun concurso nas redes sociais.

Así, no cartel establécense os grupos e artistas rockeiros que actuarán tanto o venres, 18, como o sábado 19. Con respecto ao venres 18, actuarán Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet's Silence, Enxeito e Tirapralá.

Xa o sábado, 19 de agosto, darán o seu concerto SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Festicultores Troupe, Monoulious Dop, Uxía Lambona e a Banda Molona.

Ademais destas actuacións musicais, durante o festival haberá feira de produtos, presentacións literarias, catas de viño, degustacións gastronómicas, actividades infantís e obradoiros que encherán Pantón de diferentes iniciativas para todos os públicos.

0.18581414222717