O Carballedo de Tapas regresa no mes de xullo

RibeiraSacraXa
Na edición deste ano participan un total de sete establecementos
carballedo-de-tapas-2025
17 Jun 2025

O Concello de Carballedo organiza unha nova edición do Carballedo de Tapas, que este ano conta coa participación de sete establecementos de hostalaría e que se levará a cabo entre o día 4 e o día 21 de xullo.

Así, os días 4, 5 e 6 de xullo ofreceranse tapas no bar O Xugo, nos Peares, mentres que os días 11, 12 e 13 os locais participantes serán o Luscofusco, Hotel Restaurante Rio Bubal, Berrello, Calviño, na Barrela e na Estivada. Por último, os días 19, 20 e 21, o concurso chegará a os establecementos Os Roxos e Galleiro, na Tolda. Todas as tapas terán un prezo de 2 euros.

⚙ Configurar cookies
0.16797709465027