O Carballedo de Tapas poñerá fin á súa edición de 2025 durante esta fin de semana na Tolda

O Concello de Carballedo puxo en marcha o pasado 4 de xullo unha nova edición do Carballedo de Tapas, que este ano conta coa participación de sete establecementos de hostalaría.
A primeira quenda tivo lugar nos Peares os días 4, 5 e 6 de xullo, mentres que do 10 ao 12 de xullo foi a quenda dos establecementos da Barrela.
Durante esta fin de semana, dende a tarde desde venres e ata o domingo, o Carballedo de Tapas desprázase á Tolda, que ofrecerá tapas a dous euros no Galleiro e Os Roxos.
Con esta última quenda, esta cita gastronómica organizada polo Concello de Carballedo en colaboración coa hostalaría local porá fin á súa edición do verán de 2025.