O Campo de voluntariado de Folgoso do Courel serviu para acondicionar o Castro da Torre

RibeiraSacraXa
O Campo de voluntariado de Folgoso do Courel serviu para acondicionar o Castro da Torre da man de varios mozos e mozas
campo de voluntariado folgoso do courel
22 Xul 2023

Campos de Galicia organizou esta semana varios días de Campo de voluntariado de Folgoso do Courel, nos que os e as participantes comezaron por contextualizar as accións de traballo e visitaron o Castro da Torre, onde se vai levar a cabo a acción principal.

Por outra parte, neste campo de voluntariado traballouse ña Axenda 2030 e visitaron o museo xeolóxico de Quiroga, o Pliegue de Campodola, o Miradoiro do alto do Boi, a Alvariza da Granxa e a Fervenza da Predeira.

Con respecto ás accións de voluntariado, as rapazas e rapaces que formaron parte do campo de voluntariado, traballaron dixitalizando e acondicionando unha ruta desde o albergue ata O Pontón, acondicionaron o Castro da Torre durante varias mañás e tamén desfrutaron de actividades lúdicas.

Así, pasaron algunha tarde na área recreativa de San Clodio, fixeron unha ruta ata Froxán, parando na ponte do Bao a darse un baño, fixeron kaiak e paddle board ao río Soldón e remataban os días xogando ás cartas.

0.17271995544434