O campo de fútbol de San Martiño de Quiroga está sendo mellorado da man do obradoiro SilLor X
Os traballadores do obradoiro SilLor X están a traballar na mellora das instalacións do campo de fútbol San Martiño, concretamente, encargáronse do arranxo dos últimos chanzos das gradas, que quedaran pendentes dende a remodelación do ano 2009.
Nas bancadas colocáronse tamén 160 asentos que foran cedidos pola SD San Lázaro de Lugo ao Quiroga FC tras varias xestións da directiva.
Pero a maiores haberá outra reforma para construír un vestiario local novo na zona onde xa estaba o visitante, vaise formigonar o paso dende a entrada ata a zona da grada e vaise construír unha rampla de acceso a grada para persoas con problemas de mobilidade.
Todos estes traballos ao igual que o sumidoiro da entrada do recinto para a recollida das augas pluviais vanse realizar cos traballadores do obradoiro.