O campo da Pinguela estrea novos parasoles

RibeiraSacraXa
A actuación contou cun investimento de 111.414 euros
campo-pinguela-tome-novos-parasoles
7 Apr 2025

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polo Concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Medio Rural, José Luis Losada, inaugurou este domingo, os novos parasoles do Campo de fútbol municipal de A Pinguela, un novo proxecto de mellora dunha infraestrutura deportiva da cidade, que, neste caso, aportou a solución dun problema co funcionamento dos vellos parasois do Campo de A Pinguela, que este campo viña arrastrando dende hai moitos anos”.

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais. Dada a orientación suroeste desta bancada, fai uns 20 anos colocáronse uns toldos automáticos no extremo da cuberta, para protexer do sol e da choiva ós espectadores, xa que nas horas en que se adoitan disputar os partidos, o sol está moi baixo e molesta directamente de fronte ós afeccionados situados nesa bancada.

Os toldos atopábanse moi deteriorados e obsoletos, e precisaban ser substituídos por uns novos e de mellor calidade. É por iso que dende o Executivo de José Tomé decidiuse acometer o desmonte dos elementos actuais e a posterior colocación duns toldos novos, de maior calidade, motorizados e automatizados, cun sistema de sensores vento-sol-choiva e uns mandos que permiten que se activen de forma automática.

“Coa nova solución aportada, que consistiu na instalación de 17 toldos de 5,60 x 4,50 metros, no extremo da cuberta da grada, e cos seus correspondentes 17 motores para estendelos ou recollelos, o público que asista ás competicións deportivas que se desenvolvan no Campo da Pinguela, xa non se verán afectados pola incidencia do sol ou da choiva”, destaca o Alcalde monfortino.

Desta forma, coas actuacións proxectadas, o Equipo de Goberno, buscou mellorar o confort dos espectadores que acoden a esta infraestrutura deportiva municipal, e mellorar a seguridade das instalacións retirando uns elementos obsoletos e substituíndoos por uns novos e de mellor calidade. “En definitiva, conseguiuse unha grada mellor acondicionado, que ofrece unhas mellores condicións para os espectadores que o utilizan para contemplar os diferentes eventos deportivos que acolle este campo”.

Os toldos proxectados son modelo Monoblock de medidas 5,60 m. de ancho x 4,50 m. de lonxitude con ferraxes de aluminio lacado en cor branca, tornillería e pasadores en aceiro inoxidable.

A lona de cada un deles é acrílica con tratamento antipútrido, repelente á sucidade e contan cunha garantía de cor de polo menos 5 anos.

Cada toldo está motorizado e automatizado, e inclue unha célula vento-sol-choiva, que permite que os toldos se abran ou pechen en función da incidencia destes elementos climatolóxicos. O sistema dispón dun sensor e un mando por cada 6 toldos.

José Tomé salientou que “esta é unha nova acción de mellora neste campo municipal de fútbol da Pinguela, tras levar a cabo nos últimos anos a renovación do céspede do terreo de xogo, a instalación dunha nova iluminación exterior do campo e das pistas de atletismo, ou dun novo videomarcador Led”.

En concreto, o Concello destinou para a renovación do céspede do terreo de xogo 48.309,25 euros, para a iluminación do campo 79.863,96 euros e 45.275,01 euros en dúas fases, e para o novo videomarcador 24.906,56 euros.

Xunto con esta última acción, que supuxo a renovación dos parasoles do Campo da Pinguela, o executivo de José Tomé, leva investido nos últimos anos preto de 310.000 euros nesta instalación deportiva (309.769,28 euros), “o que demostra o compromiso deste Goberno municipal coas instalacións deportivas da cidade”.

⚙ Configurar cookies
0.1610689163208