O Campionato Galego K1 de piragüismo celebrarase en Taboada, baixo as augas da Ponte Mourulle

RibeiraSacraXa
A Ponte Mourulle será a protagonista do Campionato Galego K1 de piragüismo que se desenvolverá no Concello de Taboada o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 10.
28 Abr 2024

A Ponte Mourulle será a protagonista do Campionato Galego K1 de piragüismo que se desenvolverá no Concello de Taboada o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 10.30 horas.

Dende a Área de Deportes explican que este evento traerá ao municipio numerosas familias que desfrutarán da proba para os nenos de prebenxamín, benxamín e alevín, e da paisaxe da Ribeira Sacra.

Así, agradecen á Federación Galega de Piragüismo e ao Club Piragüismo Cidade de Lugo por "contar con nós para este evento", que se desenvolverá nas augas de Taboada.

0.12632703781128