O Campionato Galego de Trial celébrase este fin de semana na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
O Campionato Galego de Trial celébrase este fin de semana na Pobra do Brollón e tamén a Copa Trial Infantil
10 Xuño 2023
O Concello da Pobra do Brollón acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Trial A Pobra do Brollón e a Copa Galega Trial Infantil. Estes dous eventos, organizados pola Federación Gallega de Motociclismo, terán lugar o 10 e 11 de xuño.
O Campionato Galego de Trial terá lugar no Campo de Fútbol Os Medios, desde o que se sairá ás 10.00 horas, mentres que a Copa Galega Trial Infantil comezará no mesmo lugar ás 16.00 horas.
O trial é unha modalide do motociclismo deportivo que consiste en competir percorrendo na moto unha distancia sobre terreo con obstáculos preparados para ter que superalos. Dise que é a disciplina máis técnica, pero ao mesmo tempo una das menos coñecidas na que o que importa é a fusión entre o piloto e a súa máquina.