O campionato galego de piragüismo chega a Taboada
RibeiraSacraXa
Este sábado 15 celébrase en Taboada a presentación do campionato galego de piragüismo de K2-C2 5.000 metros de novas promesas.
13 Maio 2021
Este sábado 15 celébrase en Taboada a presentación do campionato galego de piragüismo de K2-C2 5.000 metros de novas promesas. A proba realizarase na ponte de Mourulle, preto do embalse de Belesar e estará dividida en dúas categorías; pola malá, ás 10:30 horas será o turno dos infantís, mentres que pola tarde tocaralle á categoría cadete.
Este ano cóntase con 39 clubes e 536 padexeiros, un 20% máis de participación ca na edición anterior, en 2019, na que participaron 35 clubes e 446 padexeiros.