O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual desenvolveuse na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
Nel, participaron máis de 200 ciclistas das categorías Sub 23, Elite, Juniors, Master, Infantil, Cadete e Paraciclismo
18 May 2024
A Pobra do Brollón acolleu o Campionato Galego de Contrarreloxo Individual, organizado pola Federación Galega de Ciclismo
coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pobra do Brollón.
Nel, participaron máis de 200 ciclistas das categorías Sub 23, Elite, Juniors, Master, Infantil, Cadete e Paraciclismo, masculinas e femininas.
Os mellores rexistros marcáronos o sub-23 Alejandro Paz (Padronés-Cortizo) e a elite María Jesús Barros (Supermercados Froiz.