O cámping do Courel xa ten servizo de internet

RibeiraSacraXa
O cámping do Courel xa ten servizo de internet grazas ao despregamento da fibra por parte da empresa A túa xanela
internet camping courel
internet camping courel
11 Ago 2022

O Cámping do Courel xa ten servizo de internet grazas ao despregamento da fibra por parte da empresa A túa xanela.

Tras varios intentos sen éxito algún por parte dunha empresa que lles ofrecera este servizo, agora foi posible grazas a “A túa xanela”, unha empresa con sede en Chantada que achegou o cable de fibra cunha conexión de 100 megas.

O Concello de Folgoso do Courel colaborou con estes traballos encargándose do desbroce da zona pola que discorre o cableado.

O cámping volve estar así conectado e pode ofrecer un servizo de calidade a tódolos seus usuarios.

0.1714289188385