O Campamento de Verán para nenos e nenas de Carballedo terá lugar do 3 ao 21 de xullo

RibeiraSacraXa
O Campamento de Verán para nenos e nenas de Carballedo terá lugar do 3 ao 21 de xullo no polideportivo da Barrela
Campamento Carballedo
27 Jun 2023

O Concello de Carballedo organiza o seu Campamento de Verán do 3 ao 21 de xullo para nenos e nenas de 4 a 12 anos e ao que aínda se poden apuntar as familias interesadas antes de mañá, 28 de xuño.

Estas actividades, que terán horario de 09.00 a 14.00 horas, serán gratuítas e terán preferencia os pequenos empadroados no concello, aínda que, de quedar prazas libres, poderán apuntarse outros nenos e nenas de concellos lindantes.

Estas actividades levaranse a cabo nas instalacións municipais do polideportivo da Barrela.

⚙ Configurar cookies
0.35095000267029